O Concello de Viveiro, para conmemorar o Día da Terra, convida a todos os
nenos a unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure. Será o vindeiro
sábado, 2 de maio, ás 17.30 horas, no Salón Multiusos do Concello co título
“Namórate da Terra”. Son contos de amor sobre o coidado da terra, algúns
deles xa publicados: “Salgadiña, estrela de Fisterra” e outros por publicar
“Matías, barqueiro dos neboeiros”. Contos que fomentan valores de igualdade
de xénero, de compromiso e coñecemento da contorna. É un concepto moi
singular, divertido e imaxinativo de reinvidicar o coñecemento e o coidado
da terra.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



