Cervo, 15 de abril de 2015.- O Concello de Cervo informa de que esta semana fíxose efectiva a cancelación anticipada de tres créditos bancarios por importe de 560.000 euros. Esta operación fíxose antes de que rematase o prazo de vixencia dos préstamos e, polo tanto, permite aforrar 61.000 euros de intereses. Uns cartos que, en lugar de recibir os bancos, destinaranse a actuacións en beneficio dos veciños.
Ao mesmo tempo, con esta amortización, quedan cancelados dous plans económicos que o Concello tivera que aprobar no seu momento para poder concertar os préstamos, como son o plan de saneamento e o plan de axuste. Polo tanto, agora o goberno local “queda liberado para destinar máis recursos aos servizos públicos” tal e como asegura a edil de Facenda, Yolanda Pedreira.
Ademais, o Concello informa de que nos últimos 4 anos ten cancelado de forma voluntaria e anticipada preto de un millón de euros de débeda bancaria. En canto á débeda cos provedores, a día de hoxe é de cero euros mentres no ano 1999 era de 2,1 millóns de euros, sendo na actualidade o concello da provincia que paga máis rápido ás empresas e o segundo de Galicia.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



