Santo André de Boimente, 20 de Abril de 2015.- O colectivo de Mulleres Fraga das Saímas organizou esta fin de semana pasada a súa 9ª Edición da Festa do Medio Natural. Festa, coa que durante os últimos anos ven celebrando a chegada da estación primaveral e que para esta ocasión apostaron por un Concurso de Karaoke “Fraga das Saímas” para darlle a benvida a esta estación a ritmo das voces de grandes namoradas e namorados da música”.
Esta evento deu comezo ás 13.00 h. co acto de benvida e inauguración da Mostra Etnográfica Fraga das Saímas a cargo da Presidenta do colectivo, Flor Chao, que aproveitou para convidar a tod@s @s interesad@s a achegarse ao Centro Socio-cultural para disfrutar desta colección. Durante o acto de benvida a presidenta agradecéndou aos participantes do Concurso de Karaoke a súa boa predisposición, humor e alegría, sinalando que “grazas a estas persoas hoxe imos poder disfrutar todas e todos nós dunha grande festa musical”. Antes de dar paso aos verdadeiros protagonistas do concurso e para calmar os posibles nervios dos concursantes a presidenta e a secretaria do colectivo organizador interpretaron un tema de Vicente Fernández.
O viveirense, Ramón Martínez, foi o gañador indiscutible do Iº concurso de Karaoke “Fraga das Saímas”. Martínez, que se alzou co primeiro premio dotado con 80 € e un diploma, interpretou, tanto na fase de selección como na gran final, temas de Francisco e Nino Bravo. O 2º premio, dotado con 40 € e diploma foi para, o tamén viveirense, Francisco Tarrío que se decantou por temas de Agustín Lara, Los Tamara e José Alfredo Jímenez. O dúo composto polas socias Lola López e Olga Rguez, que se atreveron con temas de Joan Baez, Marisol e Dulce Pontes e Carlos Núñez, foron as gañadoras do 3º premio, dotado por 20 € e un diploma.
Mención especial cabe destacar, aínda que xa fóra de concurso, a actuación da socia Ester Lorenzo, que con 88 anos foi quen de ofrecer unha das interpretacións máis emotivas e sorprendentes desta festa da canción, cantando a capela míticos temas de Sara Montiel.
Logo do acto de entrega de premios e agasallos, @s aficionad@ ao baile puideron bailar ao son da música do Dúo Suso ata pasadas as 20.00 horas.