Burela, 1 de abril de 2015. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, puxo en coñecemento de Abertis Telecom os problemas que están a ter estes días na localidade para ver Boing, Energy e Gol Tv debido á resintonización dos canais dixitais de televisión. O rexedor agarda que en breve a problemática quede resolta.
González Barcia contou que “nestes días estase procedendo ao definitivo axuste da distribución das canles dixitais de televisión, tal e como estaba previsto. En Burela temos un pequeno problema que espero e confío que se solvente rapidamente. En concreto estes dous últimos días a xente non pode ver as canles Energy e Boing e os abonados a Gol TV tampouco poden facer uso desa canle. Polas informacións que eu teño son as canles 26 e 36 as que non están debidamente resintonizadas e polo tanto están impedindo a recepción do sinal destas tres emisoras: Energy, Boing e Gol TV”.
O alcalde burelés explicou que “hoxe pola mañá puxémonos en contacto con Abertis Telecom, nas súas oficinas en Santiago de Compostela, para transmitirlles a situación xerada aquí, en Burela. Pedímoslles que solucionen este asunto canto antes porque loxicamente estanse causando problemas de recepción desas canles aos usuarios, sobre todo aos dun canal de pago como é Gol TV”.
José Mª González Barcia confía en que nos próximos días este asunto quede completamente resolto: “e, por suposto, estaremos pendentes de que así sexa e, en todo caso, de non resolverse con certa inmediatez loxicamente volveremos poñernos en contacto con Abertis Telecom para que solucionen definitivamente este problema”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



