Os concelleiros Guillermo Leal e Jesús Fernández, así coma Raquel Atadell integrante da candidatura en 2011, compareceron en rolda de prensa para dar a coñecer a decisión de que Independentes de Viveiro (iVi) non se presenta ás eleccións municipais do 24 de maio deste 2015.
Trátase dunha “decisión estudiada e meditada sobre todo no caso do cabeza de lista, Guillermo Leal”. Despois de barallar posibilidades cos compañeiros, decidiron “que era mellor non presentarse”.
“O peor de todo é que dis que non cando tes un apoio de toda a xente que estaba na candidatura, ademais doutra que apoiaba o proxecto. Tamén se ofreceu xente nova para ir na candidatura”, indicaba Leal. Por iso, “cando se creou iVi, formouse un grupo con ilusión e con gañas de traballar. Agora vemos que calou na poboación ese interese que tivemos por Viveiro e as súas xentes. Esa foi a pretensión e cremos que algo se conseguiu”.
A pesar de non presentarse, e por todo o anterior, “Independientes de Viveiro non desaparece”. Polo momento, “estes catro anos non vai estar na política municipal directamente, pero sí vai seguir preocupándose polos problemas dos veciños”.
A non presentación débese fundamentalmente a que se quería que Leal fose o cabeza de lista, pero por motivos laborais e persoais decidiu que el non podería encabezar, aínda que apoiaría a outros compañeiros e compañeiras, se quixesen dalo paso.
“O peor destes catro anos foron os proxectos que non se puideron alcanzar por decisións partidistas. Deberíase saber dunha vez por todas o que é a convivencia política, cada un coa súa idea, pero cun só fin, o ben dos ciudadáns. Polos atrancos das administracións vamos con retraso en moitos campos, como plan xeral, a variante… todo este nos leva a problemas como de agora de Vestas… os poligonos fixéronse tarde mal e arrastro, cuns costes altos, medraron en concellos limítrofes e aqui estamos como estamos. Esa foi para os membros de iVi a decepción máis grande nestres catro anos”.
“No futuro, iVi vé que o próximo mandato vai ser complicado para gobernar, pois cre que non vai haber maiorías absolutas. O que se sabe ata agora é que non hai xente nova, senón máis do mesmo, ou menos do que había, nalgúns casos. Vai haber un conglomerado de forzas que se terán que entenderse para sacar esto adiante, ven cogobernando ou apoiando cando haxa que tomar decisións, unha estabilidade política. A situación económica vai ser un factor determinante. Tamén hai que deixar de lado dunha vez por todas a acriptude política, o de “i tú más”, dado que sempre estamos no candelero por cousas malas, e a veces xogando coa vida e co pan das persoas, e endentemos que iso é o último”, aseguraron os integrantes de iVi.
Balance do exercicio de iVi no Concello de Viveiro dende 2011
• Cremos que fixemos unha oposición constructiva apoyando iniciativas de tódolos grupos municipais, entendendo que o primeiro e o pobo e os seus habitantes.
• Sempre antepuxemos que o primeiro son as persoas e os seus problemas, e deben de estar por encima das imposicións, ideoloxías e das siglas de calquera formación política.
• Colaboramos na aprobación de presupostos e contas xerais, ou do plan de pago a proveedores, polo interese común que ten para o Concello.
• Pedimos disculpas polos erros que puidemos cometer, que seguro que os cometimos pero sempre velando polo interese xeral.
• Agradecemos tódolos apoios mostrados polos veciñas e veciños do noso Concello, apoios e tamén polas críticas.
• Sentimos que poidemos defraudar a algúns, pero esa nunca foi a nosa intención.
• Dende a honestidade, humildade e traballo, sempre procuramos achegar ó Concello tódalas inquedanzas, iniciativas e problemas que nos foron plantexadas polos veciños.
• Durante este mandato houbo temas de gran calado e moita importancia, tanto para Viveiro como para os seus habitantes: O Lodeiro, O Celeiriño, Vestas, o cambio de trazado da variante en Magazos, etc.. e sempre estivemos o lado dos damnificados, como non podía ser doutro xeito.
• Houbo outros temás tamén de gran transcendencia que a pesar de estar reclamandóos continuamente, non foi posible a sua consecución, como son, o PXOM, a VAC ou o derribo das naves do antiguo muelle de Viveiro, debido os atrancos dalgunha administración, asi como tamén a rexeneración da ría ou que a Xunta se faga cargo do Conservatorioprofesional de música de Viveiro, ou a reversión do terreo cedido á TGSS.
Esto debido que sempre houbo quen estivo e están a poñer o pao na roda, coa intención de desgastar aquen obstenta o goberno, e creemos que se equivocan, ós que danan son ós propios veciños e veciñas.
• A través de mocións, preguntas ou rogos sempre tratamos de defender o achegamento de outras administracións e servicios o noso Concello, debido ós cambios propostos tanto polo goberno central como o autonómico,que trataron de alonxar ditos serrvicios dos nosos conveciños. Oficina liquidadora, xulgados, rexistro civil, Hospital da Costa, etc.. Neste senso entendemos que canto máis cercana estean as adminstracións dos administrados mellor funcionará o sistema público.
• Tratamos de ir solicitando o que levabamos no noso programa electoral, algunha desas propostas conseguíronse,
• Cremos que o decía o noso slogan da anterior campaña, “Leal con Viveiro”, cumprímolo, fomos leales con Viveiro e os seus habitantes.
• Esperemos non defraudar os 1373 votantes que confiaron en nós nas eleccións do 2011, e tamén ós que no nos deron o seu apoio, pois na nosa mente tan so está seguir loitando para que Viveiro estea donde se merece.
• Así mesmo tamén agradecer e pedir disculpas os compañeiros integrantes da corporación municipal, se nalgún momento tivemos discrepancias ou roces con eles, sempre foi para defender o que nos entendíamos que era mellor para Viveiro.
• Tamén como non, agradecer os medios de comunicación a súa atención con nós durante todo este tempo, no que nos atenderon, interesándose en todo momento das nosas propostas, iniciativas e opinións.
• E por último agradecemos todo o apoio mostrado por tódolos compoñentes da nosa candidatura que dende o primeiro momento e sen pedir nada a cambio, apostaron por este proxecto, e que sen eles non sería posible, asi como tamén as persoas que nos apoiaron.
Nos seguimos dicindo VIVEIRO POR DIANTE.
















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



