O Valadouro, 28 de marzo de 2015.- O candidato popular á alcaldía do Valadouro Jose Manuel Lamela lamentou que a desesperación de Edumundo Maseda ante os malos prognósticos do PSOE leven aos socialistas “a iniciar a súa precampaña mentido aos veciños”.
Os populares critican duramente que Edmundo Maseda asegurase, na presentación da candidatura do PSOE de cara ás videiras eleccións municipais, “que recibiu un Concello sen liquidez”.
Lamela corrixe ao candidato socialista e lémbralle que o cando o PP deixou á alcaldía o concello dispoñía de 219.000 euros no banco, de “absoluta liquidez”, unha cantidade avalada polo servizo de intervención municipal, pública e comprobable”.
Desde o PP aseguran que o PSOE se ve na obriga de manipular a situación económica municipal que herdaron, para xustificar a falta de iniciativa e xestión dos últimos anos e a decepción que o cambio de goberno provocou en moitos veciños.
Os populares non saen do seu asombro porque Maseda confunda a liquidez dun Concello con temas relativos á consignación orzamentaria, pero teñan a seguridade de que o socialista sabe perfectamente que quedaron os 219.000 euros no banco, porque incluso asinou o documento que así o proba no momento do cambio na alcaldía.
Explican tamén que si non había consignación orzamentaria para o pago das facturas da luz, (un tema que se resolve cun simple cambio de partida) foi culpa do propio PSOE, porque se negaron a aprobar en varias ocasións o orzamento municipal, obrigando a prorrogalo, para despois presentar o tripartito un novo, similar ao rexeitaban.
ACTO DE SOBERBIA DUN ALCALDE CON VOTOS PRESTADOS
Os populares lamentan tamén o enorme acto de soberbia de Edmundo Maseda ao autodenominarse como “o mellor alcalde que tivo o municipio”, sen ningún tipo de autocrítica e sinalan que esa consideración tan só poden facela os veciños a través dos seus votos e non as notas de prensa que remite o PSOE cheas de autocomplacencia.
Lembran ademais que Maseda é alcalde “cos votos prestados”, xa que nin o PSOE foi a forza máis votada no municipio, nin o propio Maseda foi quen se presentou ás eleccións como cabeza de lista do PSOE, porque esa responsabilidade correspondeu a Jose Luis García Rubal, que despois dimitiu.
Lamela advirte a Maseda que a confianza das veciñas e veciños do Valadouro ten un límite, sobre todo fronte a aqueles que, como os socialistas, non dubidan en mentirlles e censura o xogo sucio dun PSOE que comeza a campaña manipulando. “O Sr. Maseda está a tempo de rectificar, antes de que os veciños do Val coloquémoslle en maio no lugar onde se merece, unha moi previsible e nova derrota electoral”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



