Bruxelas, 24 Abril 2015. Ao longo desta semana a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, estivo participando nunha delegación internacional organizada polo grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) a Irlanda, co obxectivo de afondar na situación actual e facer un seguimento do Proceso de Paz irlandés.
A través desta iniciativa, xunto a AGEe, eurodeputados e eurodeputadas da coalición grega Syriza, da formación euskalduna Bildu e do Partido Comunista Portugués (PCP) tiveron a oportunidade de coñecer mellor os avances do Proceso en Irlanda, onde malia a teren pasado xa dazasete anos dende a firma do Acordo de Venres Santo (1998) a división entre comunidades é inda palpábel, polo que “segue a haber grandes esforzos por parte do Synn Féin e distintos colectivos sociais para achegar as dúas comunidades e acadar unha verdadeira situación de convivencia”, resaltou Senra, “a día de hoxe, inda hai muros que dividen as comunidades”.
Dentro das actividades planificadas, as e os integrantes desta delegación internacional tiveron onte a oportunidade de se entrevistar con Declan Kearney, presidente nacional do Synn Féin, quen lles trasladou que nestes momentos, aliás de traballar por conseguir facer avanzar o Proceso de Paz e chegar á reunificación de Irlanda, unha das principais prioridades da súa formación é poñer fin ás políticas de austeridade impostas pola Troika. A delegación do GUE/NGL mantivo tamén un encontro ca Ministra Jr. Jennifer McCann, da man da cal coñeceron a Asamblea de Irlanda do Norte en Stormont, poboación que dá nome aos acordos a través dos cales dotouse a Irlanda do Norte de institucións políticas propias.
Lídia Senra desprazouse onte canda outras eurodeputadas/os a Belfast Occidental, onde mantiveron unha xuntanza con activistas comunitarios para debater sobre o impacto do financiamento da UE a proxectos que son fundamentais para seguir avanzando no achegamento de ámbalas dúas comunidades. Posteriormente reuníronse tamén con líderes sindicais irlandeses, que lles trasladaron unha análise do impacto das políticas de austeridade no eido laboral que, ao igual que está a acontecer na Galiza, estanse vendo traducidas en paro, precariedade e emigración.
A xornada de hoxe, que pon fin a esta misión de observación internacional, deu inicio cun encontro ca vicepresidenta do Synn Féin, Mary Lou McDonald e, seguidamente, tamén con John Douglas, presidente do Congreso Irlandés de Sindicatos. Marry Lou McDonald explicou ás eurodeputadas do GUE/NGL a situación na que se atopa nestes momentos Irlanda, reiterando as nefastas consecuencias da actuación da Troika. Lídia Senra interesouse tamén concretamente pola realidade das mulleres irlandesas en canto a participación política, ao que McDonald respostou que alta afiliación de mulleres ao partido estase a traducir nunha presenza cada vez maior nos órganos de dirección e cargos públicos, se ben expresou igualmente a necesidade de avanzar na loita polos dereitos das mulleres e, nomeadamente, polo dereito ao aborto.
As eurodeputadas/os do GUE-NGL coñeceron tamén de perto algúns dos temas sociais que están a ocupar a axenda de debate da sociedade irlandesa, tales como o referendo sobre o matrimonio homosexual que terá lugar o vindeiro 22 de maio, ou a loita social pola xestión pública da auga, á que se achegaron a través de integrantes da campaña irlandesa “Dereito á auga”. Asemade, Senra acompañou unha entrega de firmas en demanda de liberdade para o cidadán irlandés de 19 anos Ibrahim Halawa[1], actualmente preso nun cárcere exipcio.
A eurodeputada de AGEe valorou esta misión de observación internacional moi positivamente, estimando que a posibilidade de poder coñecer máis sobre a situación tanto de Irlanda do Norte como de Irlanda, “axudará a seguir estreitando os lazos entre as forzas de esquerda do GUE/NGL”, salientando que esta mutua colaboración “fará avanzar o dereito a decidir dos pobos” e axudara a “conseguir vencer ás políticas de austeridade e do Neoliberalismo”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



