Galiza Nova realizou a súa XIII Asemblea Nacional hai pouco máis duns meses en Santiago de Compostela, onde se reelixíu a Alberte Mera como Secretario Xeral da organización xuvenil nacionalista durante os vindeiros 2 anos. Con posterioridade a esta elección, os órganos locais e comarcais celebraron asembleas abertas para a escolla das novas responsábeis.
Na Comarca da Mariña, Martín Graña e Seve Salgueiro resultaron escollidos como Responsábel Comarcal e Responsábel de Organización, respectivamente.
As dúas novas responsabilidades coincidían en que é un reto que afrontan con ilusión. Aliás, Graña destacaba que nas mans da mocidade está convertir Galiza Nova nunha organización “máis dinámica, máis activista. Con capacidade para achegar mocidade ao proxecto do nacionalismo e do BNG, no que cremos e ao que queremos chamar a mozas e mozos de Galiza para construír un País con futuro e traballo, no que non nos condenen á emigración”.
No período que comeza, as mozas e mozos do BNG afirman que continuarán a “traballar na defensa do estudantado, dos servizos públicos, dos dereitos reprodutivos das mulleres e do dereito ao traballo digno, entre outros”, pois din estar “convencidas de que hai moita ilusión por mudar este sistema putrefacto que nos oprime”.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



