Francisco Luís R. Guerreiro – Teño para min que a espartana existencia e milagres dun santo varón retirado na lonxana Bulgaria vai deixar unha forte pegada nas novas xeracións de Viveiro. Rematada a cuaresma inicia outra volta as súas obras piadosas. Entre outras, dirixir desde o país dos búlgaros, a carreira que rematará o vindeiro mes na Praza Maior.
Mentras, a min só me resta confesar humildemente os meus pecados. A saber: fun espelido promotor urbanístico desde moi novo, aparellador na “casa rosada”, comprador de Ínsuas a un meu parente para máis gloria do colega Jaume Matas, mergullador no mar das subvencións europeas como experto en rodaballos, senador tal o Bárcenas, asistente do meu predilecto Rodrigo Rato en romarias e saraos, deseñador urbano no Lodeiro, protector de pazos por Misericordia, benefactor do urbanismo, grande devoto das Santas Normas Subsidiarias de Planeamento…
Con esta miña biografía, pesada lousa que me esmaga, como non vou admirar a limpa e desinteresada traxectoria dese traballador do ensino, sempre presente na vida cultural viveiresa, ao que tanto botamos de menos. Imaxinoo agora tal un San Gonzalo, facendo o seu milagre, subido nun penedo aló pola Bulgaria e afundindo unha a unha todas as naves enemigas cada vez que recita a oración.
Que deus nos colla confesados. Amén.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



