Burela, 2 de abril de 2015. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Burela informa que a Secretaría Xeral de Igualdade publicou no DOG (nº62 de 1 de Abril de 2015) as convocatorias das axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero, nas súas tres modalidades: pago periódico, pago único e indemnizacións.
O prazo de presentación de solicitudes será desde este xoves, 2 de abril, ao 31 de outubro de 2015 no caso das axudas periódicas e do 2 de abril ao 30 de novembro de 2015 para as axudas de pago único e indemnizacións.
O Centro de Información ás mulleres, situado na Casa do Concello, tramitará estas axudas en horario de 08.00 a 15.00 horas. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.