Cervo, 14 de abril de 2015.- O Concello de Cervo convoca, por quinto ano consecutivo, o Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta”. Un certame no que poden participar todas as persoas que o desexen, presentando unha ou dúas fotografías como máximo sobre paisaxes ou escenas da natureza, sempre que fosen tomadas en calquera punto de Galicia.
Cabe destacar que se premiará de forma especial ás mellores fotografías sacadas no municipio co galardón titulado “Top Cervo”, tanto na categoría xuvenil como en adultos. Desta maneira, preténdese destacar e poñer en valor os espazos naturais do concello. Ademais destes premios, haberá distincións para as dúas mellores fotografías na categoría xuvenil e as dúas mellores imaxes na de adultos tomadas na comunidade.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, presentaron este martes o cartel e as bases dun concurso que nacera co propósito de “promover el cuidado de nuestro entorno natural y promocionar la belleza paisajística de nuestro concello y también de toda Galicia en general”, asegura Alonso. De feito, as fotografías que se presenten teñen que amosar a natureza coidada e ben conservada.
Un certame que cada ano vai gañando en popularidade, e nel participan decenas de persoas de diferentes puntos de Galicia e incluso do resto de España. De feito, o ano pasado presentáranse máis de 80 instantáneas.
Requisitos
En canto ás esixencias técnicas, as fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG), nun CD e en alta calidade a unha resolución mínima de 2048 pixeis. As fotografías presentaranse ou enviaranse nun sobre pechado co título V Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” no que se incluirá a ficha de autoría e o CD coas imaxes. En canto á ficha, poderase solicitar na Casa do Concello, na Casa da Cultura ou no correo electrónico medioambiente@concellodecervo.com
Prazos
O prazo para entregar ou enviar os traballos rematará o 15 de maio. O 2 de xuño darase a coñecer o fallo do xurado, composto por persoas con coñecementos na materia. A entrega dos premios será o 5 de xuño, no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo, anexo ao Concello, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Participa
As persoas que desexen participar poderán facer chegar as súas fotografías a través de diferentes vías. Por unha banda, de forma presencial, entregando a documentación mencionada e as imaxes na Casa da Cultura ou na Casa do Concello. Ademais cabe a posibilidade de envialas por correo ordinario ou mensaxería ás seguintes direccións (terase en conta a data do selo expedido na oficina): Casa do Concello (Praza do Concello s/n 27891 Cervo) ou na Casa da Cultura (Avda. da Mariña, nº 60. 27890 San Cibrao).
Exposición
Ao remate do concurso, todas as fotografías participantes amosaranse nunha exposición que se poderá ver en Cervo primeiro e despois en San Ciprián co obxectivo de “compartir el trabajo de los autores y mostrar espacios naturales de proximidad, así como concienciar de la importancia de proteger y cuidar nuestro entorno”, remata a edil.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



