Burela, 7 de abril de 2015. Ata finais de mes pódese visitar na Biblioteca Pública de Burela unha pequena mostra bibliográfica “para promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Na mesma poderán disfrutar dos títulos máis representativos do ano 2014, para nen@s e rapaces”, segundo explica a concelleira de Educación, Mónica Pedre.
A edil popular manifestou que “o pasado 2 de abril conmemorouse, tal e como se fai desde o ano 1967, o nacemento de Hans Chistian Andersen. A IBBY declarou esa data coma o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. E deste Burela queremos sumarnos a esa celebración con esta exposición que se pode visitar na nosa Biblioteca Pública”.
A mostra poderá visitarse en horario de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas ata finais do presente mes de abril.
Pedre subliña: “non esquezamos que as mellores viaxes se fan, desde ben pequeniños, a través da lectura”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



