Os atletas das Escolas Deportivas Mondoñedo – Lourenzá así como a sección de Atletismo Lourenzá (adultos) participaron o pasado venres 3 de abril na Carreira Popular do Viño de Quiroga e o domingo 5 na Popular da Augardente de Portomarín.
Destacan, nestas dúas carreiras, os triunfos de Ana Vallines e Ainara Rodríguez.
En Quiroga, na XI Carreira Popular do Viño, Ana Vallines facíase co título na categoría infantil feminino. Fernando Vallines era 10º en Alevín Masculino e Luís Graña na categoría sénior percorría 9 kilómetros en 37:36 (33º da súa categoría).
E, por outra banda, na I Carreira Popular da Festa da Augardente de Portomarín destacaba o título de Ainara Rodríguez na categoría infantil feminino. Ademais Iria Rodríguez conseguía a prata en benxamín feminino.
O resto dos nen@s: Henar Méndez 4ª en benxamín, Ian Méndez 5º en benxamín e Claudia Graña 5ª en infantil feminino.
En canto ós adultos, notable actuación de Marisa Ares e Álex Villalba, que acadaron sendos trofeos como terceiros clasificados nas respectivas categorías.
RESULTADOS ADULTOS:
MARCOS RODRÍGUEZ: 14 da xeral, 7 da categoría. Tempo de 31,02
ÁLEX VILLALBA: 15 da xeral, 3 da categoría. Tempo: 31,10
LUIS GRAÑA: Posto 22 da categoría. Tempo: 34,10
JUAN MÉNDEZ: Posto 19 da categoría. Tempo: 37,25
MARISA ARES: Posto 13 da xeral, 3 da categoría. Tempo: 42,37
LOLI PIÑEIRO: Posto 23 da xeral, 7 da categoría. Tempo: 47,14.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
