Lourenzá, 16 de abril de 2015. O goberno municipal de Lourenzá critica aos concelleiros da oposición, de PSOE e BNG, porque non asistiu ningún deles a pleno extraordinario da corporación celebrado este xoves e no que se trataron asuntos importantes para os veciños.
“Dende o equipo de goberno do Concello de Lourenzá manifestamos a nosa sorpresa xa que na mañá de hoxe tivemos un pleno extraordinario urxente onde se levaban na orde do día varios aspectos que nos parecen moi importantes para os veciños do noso concello, entre os que podemos destacar a aprobación da ampliación da área de rehabilitación integral, que suporá no futuro axudas para aqueles veciños que teñan vivendas incluídas dentro desa área de influencia así como das propias infraestruturas do Concello que entren dentro desa nova delimitación.
Outro dos puntos que consideramos tamén moi importante é a aprobación dun convenio de colaboración marco para unha xestión compartida do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos cos concellos de Alfoz, Barreiros e Trabada. Outro asunto tamén moi importante foi a aprobación dun regulamento para o viveiro municipal de cooperativas de Lourenzá, así como a temática das dúas mocións que dende o propio equipo de goberno presentamos en días pasados: a da mellora do servizo de Correos e a do mantemento das funcións do actual xulgado de paz. Pensamos que son uns puntos que todos e cada un deles teñen importancia para os veciños de Lourenzá e parécenos unha falta de respecto que ningún membro da oposición asistira á sesión plenaria de hoxe”, manifestou a portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane.
Lupe Flórez especificou que “o concelleiro do Bloque Nacionalista Galego non desculpou a súa ausencia, pero si temos constancia do caso do grupo municipal do Partido Socialista, xa que se remitiu un escrito ao Concello por parte da súa portavoz no que se escuda no horario de celebración do pleno para xustificar a imposibilidade de asistir ao mesmo. Este pleno extraordinario e urxente celebrouse ás dez da mañá, que eles consideran un horario intempestivo no que non poden abandonar os seus postos de traballo. Pero os plenos ordinarios en Lourenzá celébranse o terceiro venres cada tres meses ás 12 e media da mañá, polo que consideramos que se poden asistir regularmente a esas sesións o feito de que un puntual se celebre ás 10 da mañá por razóns de urxencia non cremos que sexa motivo suficiente para non asistir ao mesmo. Ademais o feito de que un concelleiro estea traballando non o exime das súas obrigas como concelleiro e dentro do propio equipo de goberno, exceptuando a alcaldesa e o primeiro tenente de alcalde, que teñen dedicacións e por tanto están no Concello, os restantes 4 concelleiros que formamos o grupo de goberno temos os nosos traballos e polo tanto tamén tivemos que escusarnos nos mesmos para asistir á sesión plenaria de hoxe, o que nós como concelleiros temos a obriga de presentar e a empresa ou lugar de traballo onde realizamos a nosa actividade profesional ten a obriga de aceptar, xa que se trata dun deber inescusable de carácter público, pois é un órgano administrativo ou de goberno ao cal temos a obriga de asistir. Polo tanto non nos parece que sexa motivo suficiente para non participar nunha das últimas sesións plenarias que vai ter lugar nesta lexislatura”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



