Burela, a 28 de abril de 2015.- O alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, José María González Barcia, mantivo este luns unha reunión con asociacións e colectivos culturais que contou cunha asistencia masiva por parte de representantes dos mesmos.
No transcurso da reunión, que tiña como obxectivo explicar o contido do programa electoral do PP para os vindeiros catros anos, Barcia anunciou a creación dun Padroado Municipal da Cultural, “no que terán cabida todas aquelas asociacións que queiran libremente incluirse, e que terá como obxectivos fundamentáis, por un lado, a elaboración dunha programación cultural municipal na que todos e cada dos colectivos que teñan algo que mostrar (teatro, baile rexional, música, etc.) poidan facelo dentro dunha programación estable; e por outros, buscar a potenciacións das festas populares a través dunha máis ampla colaboración entre os colectivos”.
Ademáis, segundo o actual alcalde e candidato á reelección, “desde o Padroado Municipal de Cultura estableceranse as prioridades en materia de xestión de recursos”.
Durante a reunión, Barcia afirmou que a intención do seu partido “é continuar dotando de locáis ós colectivos que non o teñen, e tamén incrementar as subvencións económicas na medida en que a situación económica do concello o permita”.
González Barcia deixou claro que o seu partido “ofrece aquelo que sabemos que podemos facer; deixaremos de lado as promesas imposibles de cumplir ou as propostas demagóxicas e electoralistas que algúns farán”.
Finalmente, José María González Barcia agradeceu “a masiva asistencia de representantes dos colectivos e asociacións culturáis á reunión, unha das reunións con colectivos máis concurridas que tén celebrado o PP, e eu xa estiven en varias”. Deste xeito, e a falta de reunións puntuáis con ANPAs, sector do mar, ACIA, e O Vencello e a Comunidade de Montes, o PP de Burela dá por pechada a segunda e última ronda de xuntanzas con colectivos e asociacións, “reunións que contaron con bastante asistencia de membros das asociacións, como se tén demostrado coa que acabamos de citar”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



