Os atletas das Escolas Maderas Barcia lograron catro títulos na VII Carreira Popular Concello de Monforte que se celebrou este domingo. Henar Méndez -prebenxamín feminino-, Nicolás Álvarez – alevín masculino-, Ainara Rodríguez -infantil feminino-, e Carmen López -xuvenil feminino- lograron cadanseu ouro nesta proba na que tamén Iria Rodríguez subiu ó podio en benxamín feminino.
Prebenxamín Feminino:
1ª – Henar Méndez
Benxamín Feminino:
3ª – Iria Rguez
Benxamín Masculino:
7º – Ian Méndez
Alevín Masculino:
1º – Nicolás Álvarez
Alevín Feminino:
6ª – Valeria Álvarez
Infantil Masculino:
16º- Víctor López
Infantil Feminino:
1ª- Ainara Rguez
Xuvenil Feminino:
1ª- Carmen López Diniz
Club ED Lourenzá Atletismo
Os atletas do Club ED Lourenzá Atletismo percorreron un total de 7 quilómetros cos seguintes resultados:
MARCOS: 31 da xeral, 6º da categoría, Ritmo: 3,41 Min/Km e tempo: 25,43 minutos.
JUAN: 135 da xeral, 22 da categoría,Ritmo: 4,21 e tempo: 30,29min
MANOLO: 167 da xeral, 26 da categoría, Ritmo: 4,29 e tempo: 31,22 min.
MARISA: 213 da xeral, posto 22 de 113 mulleres, 4ª da categoría, Ritmo: 4,43 e tempo: 32,55 min.
LOLI: 242 da xeral, posto 33 de 113 mulleres, Rtimo: 4,54 e tempo: 34,12 min.
FEDRA: 405 da xeral, 105 categoría, Ritmo: 7,03 e tempo: 49,19 min.
GAVÍN: 406 da xeral, 55 da categoría, Ritmo: 7,03 e tempo: 49,19min.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
