RIBADEO, 30 DE ABRIL DE 2015.- Os socialistas de Ribadeo organizan unha charla sobre políticas de memoria histórica a cargo do investigador e escritor Santiago Macías. Será este sábado, día 2 de maio, ás 12.30 horas no salón de actos da Casa Sindical. Anunciouno este xoves o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía ribadense, Roberto Ramos Piñeiro, quen tamén avanzou que no seu proxecto de goberno inclúe a creación dunha Comisión Municipal de Memoria Histórica.
“Organizamos unha charla no salón de actos da Casa Sindical para o próximo día 2 de maio ás 12:30 horas. Será impartida por Santiago Macías e invitamos a asistir a todos os veciños e veciñas. O obxectivo desta charla é coñecer de primeira man a realidade do traballo en pro da Lei de Memoria Histórica, fundamentado en dignificar o noso pasado, pedir xustiza aos que a mereceron e non a tiveron e afondar na nosa democracia”, explicou Roberto Ramos.
Un ponente de referencia
O alcaldable socialista en Ribadeo engadiu que Santiago Macías “dedicou boa parte da súa vida a rescatar do esquecemento aos personaxes da Guerra Civil e da ditadura franquista. Participou na fundación da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, da que foi vicepresidente durante máis dunha década. Na súa faceta de escritor e investigador na primavera de 2003 publicou o libro Las fosas de Franco e en 2005, El monte o la muerte. En setembro de 2008 veu a luz o seu terceiro traballo, unha biografía dun dos principais líderes da resistencia antifranquista: Manuel Girón Bazán. E xa no 2011 publicou o seu traballo máis recente, colaborando no libro Juan García Arias, el último alcalde republicano de Ponferrada. Macías tamén nos falará da súa propia experiencia como concelleiro nun equipo de goberno, do cal formou parte”.
Roberto Ramos rematou avanzando que “no proxecto de goberno que presentamos os socialistas de Ribadeo incluímos a creación dunha Comisión Municipal de Memoria Histórica, formada por membros da Corporación e representantes de entidades, que inclúa entre os seus fins a localización e identificación de vítimas da Guerra Civil e da ditadura para asegurar a aplicación da Lei de Memoria Histórica”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



