Ribadeo, 29 de abril de 2015.- A edición 2015 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, foi presentada na tarde deste mércores no Concello de Ribadeo.
No acto participaron Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, -concello que este ano acolle o Correlingua-, Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de Ribadeo, representantes dos ciclos de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, do IES Monte Castelo, e do ciclo de Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga, e un representante de ACISA, todos eles colaboradores da edición deste ano desta carreira en defensa do idioma galego.
Dores Fernández Abel, coordinadora da actividade na Mariña, explicou que este ano participarán 1.000 alumnos e alumnas de varios centros da Mariña, tanto de infantil e primaria como de secundaria. Como novidade, avanzou que, por primeira vez, o Correlingua terá carreira de verdade, aínda que non competitiva, na que se inscribiron case 200 persoas; o resto fará un paseo desde a Illa Pancha até o Cantón, lugar do festival final.
Para a mencionada carreira está a colaborar ACISA e algúns dos seus asociados, así como outros estabelecementos, no avituallamento e nos premios dos participantes da carreira: Deportes Docobo, La Moda Sport, Hola Ola, Gadis, Abanca e Eroski.
Na festa final do Cantón un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz darán lectura ao manifesto gañador este ano, e actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, Monoulious Dop. Tamén haberá poemas e música a cargo de alumnos e alumnas dos IES de Mondoñedo e Marqués de Sargadelos.
Nesta edición contaremos para conducir o acto da festa final co músico e escritor Xurxo Souto, autor do himno do Correlingua.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para estes no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país. Nesta edición, e como novidade, estase a levar aos centros de ensino, e tamén na festa final, un posadoiro no que o alumnado poida tirarse fotos portando lemas a favor da nosa lingua.
Varios participantes na presentación do Correlingua incidiron na importancia de contarmos con actividades normalizadoras, que promovan a reflexión sobre a situación do noso idioma e incidan na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente necesario no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma. Entendeuse que o Correlingua é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar a un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, de algo creado polo noso pobo, como é o galego.
A Coordinadora do Correlingua agradeceu aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros o seu empeño e ánimo para con esta actividade, ao igual que o resto dos colaboradores, en especial ao anfitrión deste ano, o Concello de Ribadeo, que pon a disposición da organización todo o necesario para que a actividade poda levarse a cabo con total normalidade.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



