As conferencias que se foron realizando ó longo deste curso 20014/15 dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos rematan este martes no IES Vilar Ponte. Os temas tratados foron: VIOLENCIA DE XÉNERO, ACOSO ESCOLAR, REDES SOCIAIS E DROGAS E ALCOHOL. Estas charlas foron impartidas a un total de 300 alumnos da ESO por membros da Policía Nacional, neste caso D. Pablo Rodríguez González, delegado de Participación Ciudadana. Tamén os pais gozaron dunha conferencia organizada polo ANPA do centro co tema RISCOS DE INTERNET e REDES SOCIAIS.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



