A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará este sábado 18 de abril a ruta circular do Deza. Cunha dificultade media, os sendeiristas percorrerán 13 quilómetros desta ruta que percorre terras do concello de Silleda e Vila de Cruces dende o Mosteiro de Carboeiro ata a Fervenza da Toxa e regreso ó Mosteiro de Carboeiro. A saída está prevista para as 07.30 horas dende o Cantón de Lourenzá e a comida desenvolveras no restaurante O Refuxio de Vila de Cruces. E o prazo de inscrición remata este xoves 16 de abril ás 14.00 horas a través dos teléfonos 982 121 006, 658 097 133 ou do enderezo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. O prezo da actividade é de 30 euros ou 25 no caso dos socios.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



