Santiago de Reinante e San Cosme de Barreiros recibirán este sábado, 25 de abril, a aula móbil da campaña de información sobre a reciclaxe de residuos. Por iniciativa do Concello de Barreiros a aula móbil da campaña que se leva a cabo baixo o lema Separemos ben. Reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla estará este sábado na escola de Santiago de Reinante de 16.00 a 17.00 horas e no local social de San Cosme de 18.00 a 19.00 horas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



