Burela, 4 de maio de 2015.- O BNG manifestou o seu malestar pola recuperación da figura da raíña das festas de Burela, oito anos depois. “Non se trata de voltar á Burela de 2006, senón dun retroceso a outra época, cun tema que xa estaba socialmente superado”, afirman os nacionalistas. “Costa entender como en pleno século XXI aínda poda haber iniciativas deste tipo, que reproducen roles de xénero e un canon de beleza dominante e excluínte, que en nada beneficia ao conxunto das mulleres nin contribúe a termos unha sociedade máis igualitaria e integradora”.
Para o BNG, “o que resulta máis grave é que este tipo de propostas conten co apoio do Concello de Burela”, pois “as administracións públicas deben ser as primeiras en desenvolver políticas de igualdade entre mulleres e homes e promover aquelas iniciativas sociais que teñan a muller como suxeito e non como obxecto”. O Concello ten moita responsabilidade na elaboración do programa das festas, pois financia a maior parte das actividades programadas e non pode eludir o seu compromiso coa promoción da igualdade real entre xéneros en todos os ámbitos da sociedade burelá, tamén nas nosas festas.
A formación frontista puxo en dúbida a aplicación e posta en práctica do IV Plan de Igualdade do Concello de Burela, aprobado no pleno celebrado o pasado mes de marzo, que define entre as súas liñas estratéxicas, a “mellora da gorbenanza a favor da igualdade” e a “participación activa das mulleres na sociedade”. Desde o BNG convidan ao alcalde e á concelleira de igualdade “a que rectifiquen publicamente e retiren o seu apoio a esta actividade anacrónica”.



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



