Ribadeo, 5 de maio de 2015.- A edición 2015 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, foi todo un éxito: 1000 alumnos e alumnas reivindicaron o dereito de vivir en galego nunha xornada festiva e deportiva. Camiñaron e correron desde Illa Pancha ao Pavillón Municipal, lugar da festa final.
Houbo paseo, carreira, música, poesía, lectura de manifesto, fotografías, globos… e moita alegría na defensa do idioma que creamos entre todas e todos, o galego. O escritor e cantor Xurxo Souto presentou e animou as actividades.
Os gañadores das carreiras foron, na categoría feminina, Carme Alonso, do CEIP Plurilingüe da Pontenova, Lidia Barreira, do IES San Rosendo e Carolina Yáñez, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo; na categor’ian masculina ficaron nos primeiros postos Mario Pardo, do CEIP San Miguel de Reinante, Joseba Alba, do CPR Plurilingüe Martínez Otero e Brais Seco, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Todas e todos eles, gañadores ou non, fixeron unha excelente carreira a prol do galego.
Dores Fernández Abel, coordinadora da actividade, quere agradecerlle ao Concello de Ribadeo todo o apoio dado, e tamén ás alumnas e alumnos dos ciclos de Animación de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo e de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga a axuda na organización, e, como non, aos Equipos de Dinamización Lingüística dos Centro participantes o seu empeño en participar e organizar actividades en defensa do galego.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



