Bruxelas, 29 Maio 2015. Nesta semana a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, remitiu unha comunicación ao Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Unión Europea, Phil Hogan, trasladándolle un manifesto asinado por 51 eurodeputadas/os de todos os grupos políticos en demanda da finalización de “todas as axudas destinadas ás touradas e á industria xerada ao redor dun espectáculo baseado no maltrato e na violencia sobre os animais”.
Senra, impulsora desta iniciativa xunto á plataforma “Galicia, Mellor Sen Touradas” e a Fundación Franz Weber, valora que a acollida que este manifesto tivo entre as eurodeputadas/os “é unha boa mostra de que a conciencia e o rexeitamento á violencia e á tortura que supoñen as touradas vai alén de posicionamentos políticos”.
O texto foi subscrito tanto por deputadas do Grupo da Esquerda Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -no que Alternativa Galega de Esquerda (AGEe) está integrada-, como do Grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea (Verdes/ALE), o Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE), o Grupo dos Conservadores y Reformistas Europeos (ECR), o Grupo Europa da Liberdade e da Democracia Directa (EFDD), os socialistas europeos aglutinados no Grupo da Alianza Progresista de Socialistas y Demócratas (S&D) e mesmo o Partido Popular Europeo (PPE).
Estas 51 eurodeputadas/os critican as altísimas subvencións da UE a esta espectacularización da tortura animal -que superan os 130.000€ e inclúen mesmo fondos proporcionados a través da Política Agraria Común (PAC)-, e chaman especialmente a atención sobre o feito de que este posicionamento por parte das institucións europeas é contrario “ás esixencias en materia de benestar dos animais, como seres sensibles, na formulación e aplicación das políticas comunitarias en diversos eidos recollidas no
Tratado de Lisboa
“É vergoñenta a actitude do PPdG opoñéndose esta semana no Parlamento Galego á prohibición das touradas para poder seguir financiando a un lobby que, só tomando datos da cidade da Coruña, fíxose xa con máis de 700.000€ de cartos públicos dende o ano 2011, mentras a cidadanía está a pasar verdadeiras necesidades”, criticou a eurodeputada galega.
Porén, dende AGEe, “temos claro que finalmente a sociedade acadará a prohibición das touradas, e na Galiza agardamos que se dea máis logo que tarde” -sinalou esperanzada Senra-, “xa que, ademais de que constitúen a imposición dun espectáculo violento, son totalmente alleas á nosa cultura”. Neste senso, abondou “pensamos que os cambios que se deron nas recentes eleccións municipais van axudar a avanzarmos neste camiño. Mentras tanto, dende a nosa presenza nas institucións europeas seguiremos facendo todo o posíbel para poñermos de manifesto que ‘a tortura non é arte nin cultura’.
A eurodeputada de AGEe remitirá hoxe mesmo este manifesto tamén á vicepresidenta da Comisión Europea, Kristalina Georgieva, na súa calidade de Comisaria Europea de Programación Financieira e Orzamentos Europeos.
Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) rexistrou xa en novembro do pasado ano 2014 dúas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea ao respeito do Emprego de fondos da PAC para subvencionar elementos da tauromaquia e do Emprego de técnicas publicitarias para promover as touradas entre menores de idade.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



