Cervo, 16 de maio de 2015.- O Presidente da Asociación de veciños Cervo-Sargadelos, Manuel Facal, anunciou na mañá deste domingo que “por fin será posible levar adiante a colocación de varandas na rúa da Igrexa e rúa das Lobeiras, en Cervo, e o arranxo do camiño dos Currás, na Senra, grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo”.
Facal lembrou que estas actuacións obedecen a vellas reivindicacións dos veciños, “hai polo menos catro anos, lográramos comezar estas obras, pero ao final todo quedou en nada. Dende aquela, solicitamos unha e outra vez a súa continuidade pero nunca conseguimos resposta definitiva”.
Neste senso, dende a asociación destacaron que “levamos chamado a moitas portas para facelo posible, pero sempre se nos deu as costas. Incluso o Concello de Cervo, con competencias reais para esta materia, tivemos o silencio por resposta”.
Tras máis de catro anos de loita, a Deputación de Lugo fará posible estas actuacións e por iso, e en nome de todos os membros da asociación, o seu Presidente, Manuel Facal, rematou subliñando que “agradecemos públicamente o apoio do ente provincial xa que sen a súa axuda estas obras que imos levar adiante non serían posibles”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



