Maio de 1972. A peña O Lar viaxou á Feira do Viño, en Ribadavia, na que participaron medio cento de persoas, convidadas por Herpo, distribuidora na bisbarra dos productos da Cooperativa Pazo-Ribeiro Os excursionistas foran recibidos polo Presidente Euloxio Gómez Franqueira, promotor da cooperativa Coren e fundador do partido político Coalición Galega, que os acompañou no percorrido polas instalacións, nas que quedou pendurada unha foto xigante de Foz lembrando a visita, e tamén polo eximio escritor Alvaro Cunqueiro, figura ilustre das campañas publicitarias da firma. No mes de xullo, chegaba a Foz a peña A Ulla de Monterroso que, con grande sorpresa, o fixo por mar. Os de secano, coñecedores da dramática historia da “barra”, quixeron dar unha lección a políticos e técnicos de portos e, facendo un corte de mangas a ambos colectivos, embarcaron na Espiñeira para navegar ata o malecón do enxeñeiro Garelly na dársena interior, onde a esbelta nao, ó mando dos expertos oficiais da Armada , o Capitán de Fragata Constantino Mariño e de Corbeta Anxel Niñe “Minguín”, quedou atracada. Ambos vestían uniforme de gala de verán, lucíndo distintivos e condecoracións sobre senllos heroicos peitos; o primeiro recibindo ós tripulantes na ponte de mando, firme, saudando militarmente, coa enerxía que os cánones da disciplina castrense esixen, e o segundo situando ao personal a bordo, nos postos que ocuparían na travesía, dando instruccións ó respecto para que cada quen actuase correctamente nas manobras que os esperaban naquela inesperada navegación, ou no caso de que en “alta ría” se dera incidente que puxera en risco a integridade física de tanto monterrosino xunto que, por certo, viviron un bautismo de mar pracenteiro e, xa en terra, mesturados cos indíxenas, unha xornada de feliz camaradería, como era costume, entre escenas de humor, estimulantes brebaxes e belidas cantigas que remitían sempre “á feira de Monterroso”, para ó remate despedir ós amigos, acariñando a idea de, sen tardar, repetir a experiencia… Así foi e prevaleceo por anos.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



