A Asociación de veciños Burgo de Trasbar vai xa cara os 4 anos. Por iso, a primeira das actividades previstas para este verán será a festa de aniversario que se celebrará o domingo 24 de maio a partir das 17.00 horas no local social. Durante o acto proxectaremos un vídeo resumo das actividades do último ano e tamén haberá pastel de aniversario.
Pago cotas
O vindeiro domingo inicia o prazo para o pagamento das cotas de socias/os e estará aberto ata o 14 xuño (ambos incluídos). As persoas que non actualicen a cota nese período serán dadas de baixa de xeito automático.
O pagamento pódese facer no Local social ou a través da conta que ten aberta a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar en ABANCA: IBAN ES34 2080 0160 4630 0005 1668. As cotas son as seguintes: 15 euros, adultos; 10 euros, xuvenil (15 a 18 anos) e 5 euros a infantil.
San Antonio
Ó igual que estes anos atrás, o 13 de xuño, realizaremos o camiño ao San Antonio da Rigueira. A xente que queira a cartilla de romeiro deberase apuntar antes do 7 de xuño (incluído). Sairemos do Local social de Trasbar ás 10.00 horas.
Este ano a Asociación non organiza o xantar por coincidir o mesmo día o aniversario do falecemento do que fora socio e veciño, Benigno, ás 18.00 horas.
San Xoán
Terá lugar o día 20 de xuño en Trasbar. Teremos a pancetada/chourizada e a fogueira. A programación está sen determinar.
Asemblea Xeral
Este ano toca renovar a Xunta Directiva. A Asemblea Xeral terá lugar o domingo 28 de xuño, ás 11.30 horas (recibirán convocatoria).
Adiantamos a información pensando nas persoas interesadas en presentar candidatura.
Peche local
O domingo 28 de xuño pola noite pechamos o Local social ata a primeira fin de semana do mes de outubro.
Pregamos que desculpen as molestias, pero precisamos centrarnos na organización das festas patronais da Santa Eufemia que terán lugar no mes de setembro.
Charla de seguridade
Impartida pola Garda Civil, logo de ser adiada en varias ocasións, confírmannos que a charla de seguridade terá lugar o mércores, 1 de xullo, pola tarde, no Local social de Trasbar. Non é precisa inscrición previa.
Sargadelos
Tal e como vimos facendo dende o comezo da actividade desta asociación, organizaremos o camiño ao Santiago, en Sargadelos. Será o 25 de xullo e recibirán máis información preto da data.
Outras actividades
O verán vainos dar para facer máis xuntanzas. Non faltará a bonitada nin algunha outra “farrada” para as que vos iremos informando máis polo miúdo.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



