16 de maio de 2015.- Nordés renova o seu compromiso co Proxecto Rios e convídavos a participar na xornada de inspeccións que imos facer o vindeiro sábado 23 de maio no noso querido río Sor.
Comprobaremos si a calidade das augas seguen sendo tan boas coma nas anteriores medicións ó tempo que disfrutaremos da fermosura da natureza das súas ribeiras nos lugares de Ambosores ás 10 da mañá e Ponte Segade ás 12.
Para elo contaremos coa sempre instructiva participación do técnico de Adega, e motor do Proxecto Ríos, Paco Banhobre.
A actividade é gratuita e aberta a toda a xente que nos queira acompañar, aconsellando sempre levar a roupa e calzado apropiado, auga e algunha cousiña para xantar.
Tamén decir que, polas experiencias anteriores, a actividade é moi do agrado dos rapaces e rapazas, así que non teñades dúbidas si pensades que se van a aburrir. Xa veredes como non.
Por outro lado informamos de que se vai facer por parte de Nordés recolleita de mostras no rio Esteiro, na desembocadura na praia do mesmo nome, e no Rego da Veiga na praia de Xiloi para a súa análise e aptitude para o baño. Os resultados serán publicados nesta páxina de facebook, e tamén estarán a disposición de consulta chamando ó mesmo teléfono no que podedes avisar da asistencia: 653756454 (Ricardo).
Pero non rematan eiquí as actividades relacionadas co Medio Ambente que organiza Nordés. Para o 12 de xuño e co gallo do Día dos Océanos, desenvolveremos un amplo programa que nos ocupará todo o día dende as 10 e media da mañá na praia de Xiloi (O Vicedo), con charla, recollida de lixo, arrincado de plantas invasoras, xogos, namentras que pola tarde, e xa na Casa da Cultura do Vicedo a iso das 5 da tarde, teremos ó grupo de teatro “Os Quintilláns” cunha obra centrada na temática do día, e que nos soi vai dirixida ó rapacerío, senon tamén a pais, nais e quenes se queiran acercar.
Este programa sácase adiante facendo un esforzo económico é organizativo por parte de Nordés coa colaboura dos Colexios de O Vicedo e Mañón, que por primeira vez, que nós lembremos, van a participar de xeito conxunto nun evento, o cal énchenos de orgullo e satisfacción. E tamén, por suposto, pois sin eles non sería posibel, de Antonio Pernas, Técnico Superior en xestión e organización dos recursos naturais, e Pedro Yañez, Licenciado en Ciencias Ambientais, que serán os nosos mestres nesta xornada.
Non se esquezan amigos e amigas de Nordés: o 23 de maio vinde connosco ó río Sor por conta do Proxecto Ríos, e o 12 de xuño á praia e ó teatro no Día dos Océanos.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



