Mondoñedo, 16 de maio de 2015.- A candidata á alcaldía polo Partido Popular en Mondoñedo, Elena Candia, esbozou este sábado as principais liñas do seu programa electoral nas que o obxectivo “primordial” é o de xerar emprego e para iso “necesito seguir contando coa total axuda da Xunta de Galicia”.
A alcaldable popular explicou que Mondoñedo conta cos recursos suficientes para xerar emprego e que existe xa un proxecto en marcha, polo que a colaboración e o traballo paralelo entre a administración autonómica e o Concello será “un factor fundamental para a creación de postos de traballo no noso municipio”.
“ Queremos que Mondoñedo sexa impulsor do emprego local, berce das iniciativas emprendedoras… Con traballo, transpariencia e cercanía, e coa axuda de Alberto Núñez Feijóo, Mondoñedo medrará”, matizou a popular durante o mitin celebrado hoxe na Casa da Xuventude, coa participación do presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e do provincial, José Manuel Barreiro.
Emprego e servizos sociais
A candidata, quen explicou as principais liñas do programa electoral do PP de Mondoñedo, dixo que “presentámonos cun programa que eleva o listón en emprego e servizos sociais. Un programa elaborado co apoio da xente, falando cos veciños e escoitando ás persoas”.
En concreto, na área de emprego a popular citou entre os compromisos do seu partido o da creación dun programa para impulsar Mondoñedo socioeconomicamente, que permita fixar empresas e apoiar ás existentes; a potenciación da implantación de industrias no polígono e mesmo a creación dun viveiro de empresas que permita apoiar aos emprendedores.
Nada mellorou en Mondoñedo
A alcaldable popular fixo tamén balance da xestión do bipartito local (BNG e PSOE), cos que “nada mellorou en Mondoñedo”. “Subíronse impostos, creouse algún novo, reducíronse servizos, a súa principal obra (a do Seminario) deixou a Mondoñedo en peor estado do que se atopaba”, exemplificou Candia, quen engadiu que “dende que Orlando é alcalde Vivir en Mondoñedo é máis caro, máis incómodo e con menos servizos”.
Por iso, Elena Candia pediu o voto para o seu proxecto “serio e firme” no que, segundo engadiu “me acompañan un grupo de persoas con ilusión, cercanas e comprometidas con Mondoñedo. Queremos un goberno cercano, dispoñible a todo o mundo. Un Concello próximo, sen esquecernos nunca do rural”.
“A nosa proposta é seria e ofrecemos xestión e organización, para iso necesitamos do apoio de todos, xa que o PP non só necesita ganar, que o leva facendo dende fai anos, senón tamén arrasar para que non se unan os perdedores”.
Agradecemento á Xunta de Galicia
A candidata á alcaldía tamén trasladou o seu agradecemento ao goberno galego, que durante estes anos manifestou un importante compromiso con Mondoñedo a través de iniciativas, como obradoiros de emprego, impulso as concentracións parcelarias, obras en infraestruturas como a LU-124, apoio en benestar e colaboración coas feiras e festas das San Lucas, entre outras.



















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



