20, maio, 2015.- O Presidente do PP de Lugo e voceiro do GPP no Senado, José Manuel Barreiro, pediulle ao Secretario Xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, que sexa “coherente” co seu código ético e que “non engane aos votantes”.
Barreiro fixo estas declaracións nun mitin en Viveiro no que tamén participaron a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o candidato do PP á alcaldía, Antonio Bouza Rodil. Barreiro destacou que Bouza Rodil é ou “único capaz de converter de novo ao concello nun referente na provincia e en Galicia”.
Na súa intervención, o Presidente do PP de Lugo insistiu en que José Ramón Gómez Besteiro debe “resolver as súas dúbidas”. “Primeiro, puntualizou José Manuel Barreiro, asegura que obrigará a Pachi Vázquez a dimitir se, finalmente, como parece, se lle abre un xuízo oral. E mentres, permítelle ao candidato imputado de Caldas de Reis presentarse ás eleccións”.
O voceiro do GPP no Senado recalcou que, unha vez máis, o secretario xeral dos socialistas galegos amosa “a flexibilidade do código ético do seu partido. Estírase –dixo- ata onde sexa necesario para que se poida presentar ás municipais o alcalde imputado de Caldas de Reis e semella que se vai contraer para deixar caer a un opositor incómodo como é Pachi Vázquez”. O líder dos populares en Lugo asegurou que “temos moita sorte de que Alberto Núñez Feijóo sexa o Presidente da Xunta. Imaxinen –puntualizou- que estaría pasando agora se no 2012 Pachi Vázquez gañara as eleccións: teríamos una presidente imputado e ao borde de sentarse no banquiño”.
Así mesmo, José Manuel Barreiro pediulle a Besteiro que aclare “antes das eleccións” cál será a decisión que vai tomar ao respecto da alcaldesa de Viviero, María Loureiro, á que a Audiencia de Lugo abrirá xuízo oral por presunta prevaricación. “Non hai ningunha dúbida –dixo Barreiro- de que no PSdeG pesan máis os cálculos electorais ca o compromiso ético que esgrimen de portas para afora”.
NON É O MOMENTO DE EXPERIMENTOS
O Presidente provincial do PP pediulle a tódolos cidadáns que voten ao Partido Popular porque “non é o momento de experimentos”. “Agora que pasamos o peor, e despois dos esforzos de todos os cidadáns, –afirmou- o máis importante é perseverar nunha política que xere recursos e crecemento, todo o demais é demagoxia”.
José Manuel Barreiro explicou que o vindeiro domingo “non se trata de dar un voto de confianza ou de castigo”, senón de “votar pensando no que queremos para os nosos fillos, para as nosas familias, os nosos amigos, os nosos maiores”. Barreiro recalcou que “mentres outros falan, o PP actúa” e asegurou que o Partido Popular “baixou e baixará aínda máis os impostos” porque “xa podemos facelo, grazas á política económica eficaz iniciada por Rajoy e materializada en todos en cada un dos concellos populares que nos permitiu saír da crise”.
Antes de visitar Viveiro, José Manuel Barreiro e Beatriz Mato participaron noutro mitin en Foz no que apoiaron ao candidato do partido, Javier Jorge Castiñeira. Barreiro amosouse convencido de que os veciños volverán a outorgarlle a confianza a Jorge Castiñeira pola súa “capacidade de traballo, disposición e compromiso co seu municipio”.
Nunha vila que vive fundamentalmente do mar, o Presidente do PP de Lugo destacou que os Gobernos do PSOE marxinan “as vilas mariñeiras”. Lembrou que Zapatero “non fixo nada ante unha reforma pesqueira que supuña a desaparición do 40% da flota comunitaria. Pola contra –explicou- Rajoy asinou xa tres acordos pesqueiros, aumentando un 13,7% a cota”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



