Lugo, 9 de maio 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, mantivo este sábado un encontro con tódolos mozos da provincia que figuran nas candidaturas populares e que non superan os 31 anos.
Na praza maior lucense, Barreiro puxo en valor o traballo desenvolvido pola agrupación xuvenil ao longo de toda esta lexislatura, unha labor dixo, que foi premiada pola meirande parte dos candidatos da provincia posto que as principais incorporacións nas listas foron de persoas novas.
“Temos candidaturas como Chantada, Cervantes ou Trabada, que están formadas por persoas de menos de corenta anos”- lembrou Barreiro, quen ve nestes feitos a clara aposta do PP pola mocidade.
O presidente provincial manifestou que os mozos son clave para o partido, posto que, ademáis de ser o futuro da agrupación, transmiten as inquedanzas, demandas e peticións da xuventude.
Pola súa banda, o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega, explicou o traballo desenvolvido pola agrupación xuvenil nestes catro anos. “Rematamos unha lexislatura cos deberes feitos e co exame aprobado”- afirmou o popular, quen deu conta de tódalas constitucións de NNXX a nivel provincial, do percorrido pola provincia, das xuntanzas cos diferentes sectores estratéxicos…
Vega manifestou que os mozos que hoxe pertencen a Novas Xeracións están formados, preparados e cun posto de traballo, polo que deixou claro que se incorporan á política co único obxectivo de servizo público.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



