Foz, 21 de maio de 2015.- Beatriz Mato e José Manuel Barreiro participaron no mitin central da campaña dos populares focenses para apoiar a reelección de Javier Castiñeira como alcalde de Foz.
Castiñeira manifestou que “a valoración do mitin central da campaña do Partido Popular de Foz, celebrado no hotel Leytón e coa participación de José Manuel Barreiro e Beatriz Mato, é moi boa, porque houbo moita asistencia e a xente estaba contenta e entusiasmada e sobre todo moi agradecida á conselleira Beatriz Mato. Recordamos que o seu departamento da Xunta de Galicia está investindo máis de 9 millóns de euros no noso concello; entre eses investimentos podemos falar da obra máis importante que se fai en Foz nestes últimos anos, como é a construción do xeriátrico, que leva un ritmo de obra moi alto e probablemente a finais deste ano 2015 estea rematada.
O candidato á reelección como alcalde de Foz engadiu que “con esta conselleira incrementáronse as horas de atención á dependencia, de 1.200 horas ao mes pasamos a 2.800, ou sexa de cubrir a atención a 26 dependentes a 60. Con esta conselleira déronse subvencións á fundación do asilo de anciáns por máis de 100.000 euros para que puidera manter a súa actividade durante os últimos. Con esta Consellería houbo máis de tres obradoiros de emprego no noso concello nestes últimos 4 anos; e digo máis porque hai outro en camiño que xa está concedido. Tamén foron moitos os cursos de formación que se fixeron no noso concello, programas de emprego que viñeron para aquí grazas á boa relación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Foz, algo que non existía antes do ano 2011. Dende a Xunta saben que Foz ten unhas necesidades e así se fixeron ver e foron atendidas. E nós, como somos agradecidos, así llo trasladamos á conselleira Beatriz Mato e tamén ao presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.”



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



