Viveiro, 14 de maio de 2015.- Viveiro, 14 de maio de 2015. O BNG de Viveiro, presentou este xoves pola tarde o seu programa de urbanismo. Os nacionalistas aseguran que Viveiro terá PXOM no vindeiro mandato, e son moi críticos co PSOE de Viveiro, quen en 12 anos á fronte do goberno, non foi capaz de renovar a normativa urbanística. Bernardo Fraga, destacou “una decisión valente no 2006, de suspensión de licenzas, veu acompañada dunha deixadez e abandono na xestión urbanística, o que provoca que 9 anos despois, Viveiro continúe coa normativa provisional. Esta situación, mantén en parálise o desenvolvemento de Viveiro, unha parálise, que co goberno do BNG cambiaremos, coa aprobación do PXOM”
Así mesmo, engadiron que apostarán pola rehabilitación nos cascos históricos de Viveiro, Xunqueira e Celeiro, este último en deterioro e abandono constante por parte da administración municipal.
Ademais, Bernardo Fraga engadiu “foi a presión popular a que conseguiu demoler catro dos galpóns, coa intensa campaña do BNG, unha manifestación de 300 persoas, e máis de 1300 sinaturas, conseguimos entre todas e todos abrir un pouco Viveiro ao mar, non foi a xestión socialista”
“Seguiremos traballando para que Viveiro esté completamente aberto ao mar, coa demolición dos galpóns, a reforma integral do muelle vello, a retirada do valado do porto deportivo e a eliminación das casetas destinadas á Garda Civil.

















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



