Viveiro, 13 de maio de 2015. Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Viveiro, presentou esta mañá o programa do BNG, para o Mar. Os nacionalistas, aseguran que recuperarán e desenvolverán a Concellería do Mar, que crearon por primeira vez no ano 2011, e que coa súa saída do goberno, o PSOE deixouna totalmente de lado, posto que nada se fixo nesta materia.
“A Concellería do Mar, ten que ser prioritaria nun Concello coma Viveiro, onde se sitúa un dos portos pesqueiros máis importantes do Cantábrico. Un bo goberno municipal, debe traballar man a man co sector, na súa defensa, e na difusión dos productos do noso mar” dixo Fraga.
Ademais, engadiu “alegrámonos moito de que o PP, incorpore no seu programa a creación desta concellería, unha aposta do BNG no 2011, pero lembrámoslles que xa existe, que deberían estar mellor informados antes de facer o seu programa, e que o problema está en que o PSOE non tivo interese ningún en desenvolvela”.
Ademais, os nacionalistas, aseguran que apostarán por recuperar as bandeiras azuis para as praias do Concello e garanten a limpeza habitual das praias durante o ano.
Bernardo Fraga, engadiu “Apostaremos pola recuperación da fachada marítima de Celeiro, impulsando o traslado do varadoiro dentro do porto e coa reforma da rúa do porto como prioridade, para rexenerar a Praia e os espazos públicos do entorno”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



