Ribadeo 13 de maio de 2015.- O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Jesús López Penabad, destaca o forte compromiso do seu partido co sector comercial e de servizos, e neste senso, proporá a creación dunha concellería de comercio “para o seu impulso e a atención directa as súas necesidades”.
Ademais da creación da figura do edil de comercio, os populares tamén impulsarán o respaldo institucional ao comercio local (Centro Comercial Aberto) e á hostalería local (mellora ordenación municipal de terrazas); e potenciarán os mercados tradicionais con produtos da horta e apoiarán á Praza de Abastos.
Impulso á economía local
No seu programa electoral, López Penabad fai un forte fincapé na aposta por iniciativas dirixidas á creación de postos de traballo e, polo tanto, ao impulso da economía e da industria local.
Polo tanto, os populares poñerán en valor os sectores estratéxicos que favorecen a economía de Ribadeo e, a maiores do sector comercial e servizos, os populares tamén impulsarán iniciativas de aposta pola agricultura, a gandería ou a pesca
Apoio aos desempregados
Estas liñas de actuación teñen unha prioridade fundamental que é a de crear emprego. Neste senso ademais de poñer en valor e de apoiar aos sectores produtivos locais; Jesús López Penabad impulsará actuacións como son a recuperación dos obradoiros de emprego; a oferta de cursos de formación ligados ao tecido socioeconómico de Ribadeo para desempregados sen titulación ou contará preferentemente cos parados do concello para a execución das obras municipais.
Creación de emprego
A maiores, o candidato popular anuncia que se desenvolverán estudios de viabilidade a pequenos e medianos empresarios e se apoiarán aos novos emprendedores económica e institucionalmente; así potenciarase o polígono industrial para a procura de novas empresas ademais de impulsar o cooperativismo.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



