Burela, 17 de maio de 2015.- Os medios de comunicación recollen con regularidade novas sobre furtos e roubos na nosa vila. Recientemente Burela rexistrou dúas actuacións de este tipo. Neste senso sinalamos que Burela leva 8 anos perdidos na laboura de seguridad cidadán. Nin PSOE-BNG nin PP realizaron políticas efectivas neste senso, queremos sinalar:
1. A Xunta de seguridade local está desartellada e non funciona.
2. Non contamos cun plantexamento de seguridade dende o ámbito local.
Entendemos dende COMPROMISO, que é necesaria unha actuación seria, efectiva e realista meste senso. Consideramos que este tamén é un apoio o pequeno comercio de Burela, por elo si gobernamos:
– A Xunta de Seguridade Local reunirase con unha periodicidad de 2 meses. Os acordos serán públicos.
– Contaremos con servicio de polícia local 24 h.
– Mancomunaremos servicios de seguridade con concellos limitrofes, co gallo de facer un servicio menos costoso.
Diante da situación de inseguridade dos comercios de Burela non podemos mirar cara outro lado.