Viveiro, 17 de maio de 2015.- O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, incluíu na tarde deste domingo en Viveiro “a destrución industrial” entre as dez pragas que o PP de Feijóo levou aos concellos galegos.
Á marxe do desemprego e o estancamento económico, dos que falou onte en Vilagarcía de Arousa, e do desprezo á lingua e a cultura, ao que fixo referencia esta mañá en Lugo, Besteiro referiuse entre as citadas dez pragas á industria no mitin celebrado en Viveiro xunto á candidatura liderada por María Loureiro.
No mitin estaban tamén o secretario xeral provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín, Lara Méndez, vicepresidenta da Deputación e deputada por A Mariña, e a familia do ex alcalde Melchor Roel, falecido en 2013 e moi recordado nas intervencións. Besteiro lembrou a súa figura e a transformación de Viveiro iniciada baixo o seu mandato, antes de manifestar que o 24 de maio “ninguén ten que votar por rabia, hai que desterrar a rabia da política e non facer como algún do PP recén chegado de Bulgaria”.
Con respecto á industria, apuntou que “o resultado das promesas de Núñez Feijóo sobre o naval foron, por exemplo, que Ferrol perdera 4.000 postos de traballo neste sector nos últimos catro anos”. “O goberno de Feijóo e o PP supoñen cinco anos perdidos para a nosa industria”, dixo.
“Déixase morrer á industria galega tradicional e, ao mesmo tempo, non se propoñen fórmulas alternativas que camiñen cara a unha reindustrialización do noso país; só houbo propostas illadas que quedaron en nada, como o concurso eólico ou os contratos de Pemex, pero ningún plan estratéxico que dunha forma ben artellada e coa vista posta no medio prazo respostara á pregunta de ‘a que se vai dedicar Galicia’”, manifestou.
“O Índice de Produción Industrial, aquel que mide a evolución da nosa capacidade industrial, descendeu un 4,4% no ano 2014, sendo a comunidade con peores datos de toda España, mentres que as exportacións descenderon no 2014 un 0,6%, o terceiro peor dato de todas as autonomías”, engadiu.
Solución aos problemas
Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín, trasladou o máximo apoio a María Loureiro, “unha excelente candidata que demostrou ser a alcaldesa de todos e non escatimou esforzos en aplicarse en dar unha solución eficaz aos problemas da xente”.
“Ao longo destes meses, María demostrou que aposta pola política aberta e pola política limpa como a ferramenta máis digna para Viveiro”. Precisamente, foron estas armas, engadiu Santín, as que “actuaron de colchón das políticas inxustas do Partido Popular e dos recortes de Rajoy e Feijóo”.
“Esta é a diferenza, mentras uns gobernan para uns poucos privilexiados, bloqueando as institucións, outros, como esta alcaldesa, esfórzase en reorientar a xestión para garantir a igualdade e a participación social, cultural e cívica. Pasouse do abandono e a prepotencia ao compromiso e a humildade, ao consenso e ao traballo”, remarcou o secretario provincial.
Neste senso, González Santín rematou a súa intervención, pedindo o apoio da cidadanía e concluiu con ironía, dicindo: “din os expertos que as gaivotas están desaparecendo, pero o 24 de maio serán os propios cidadáns os que as van quitar do medio”.
Pola súa banda, a candidata á alcaldía recoñeceu que en 2013 afrontou o reto de poñerse á fronte do concello “para que esta transformación que levamos a cabo os socialistas, con Melchor Roel á cabeza, non se detivese”. Por iso, manifestou que a súa única “obsesión” é impulsar a economía local, a través da xeración de novas políticas que permitan a creación de postos de traballo.
“Non podemos permitir que os nosos mozos, os mellor preparados da historia, teñan que marchar fóra porque aquí non teñen oportunidades de futuro. Debemos seguir potenciando o turismo como principal motor económico do municipio e garantir a calidade e aumentar os servizos públicos”, apuntou.
“Viveiro é hoxe máis dinámico e máis social, ten máis e mellores instalacións culturais, deportivas e sociais, e máis oferta de lecer. Por iso, a nosa xuventude é protagonista no noso proxecto, Viveiro é hoxe un concello máis accesible co plan de reordenación de tráfico que vimos de poñer en marcha coa axuda da Deputación, co parque ambiental do paseo marítimo ou co derrubamento dos galpóns do porto. Hoxe está máis aberto ao mar e comprometémonos a seguir traballando para esa transformación que iniciamos en 2003”, rematou.



















Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.



