Burela, 19 de maio de 2015.- Este martes, os membros da candidatura de Compromiso en Burela concentráronse diante do Concello para propoñer as seguintes medidas:
Co Goberno de Compromiso en Burela aumentará o horario de atención cidadá, o Concello estará aberto 3 tardes á semana co gallo de facilitar trámites e xestións os veciños.
Do mesmo xeito instalarase un servicio informático de atención 24 horas para trámites e xestións, Burela debe de contar cos servicios de calquera cidade.
Afirman que farán isto sen ter que variar o cadro de persoal, simplemente organizando ben os servizos e racionalizando o cadro de empregados.
Do mesmo xeito neste acto criticaron a deixadez dos nosos xestores, as entidades bancarias cobran os veciños de Burela 1,5€ por xestión dos pagos. Esto nalgún caso supón aumentar o gravamen en case que un 40%, simplemente pola deixadez da labor de goberno. Non dan arranxado isto e queren facernos crer que van facer un pavillón de 3 millóns.