BURELA, 15 de maio de 2015.- Ciudadanos Burela comprométese no seu programa electoral a levar a cabo unha “incuestionablemente e necesaria” reforma da Administración municipal. Segundo C´s, este cambio no funcionamento do Concello é vital polas repercusiones democráticas, económicas e burocráticas que tenría nos cidadáns. Dita reforma se fundamenta nunha maior transparencia na xestión municipal. “Queremos Administracións transparentes, de paredes de cristal, onde o cidadán teña dereito de acceso á información, dereito a saber canto, onde e como se gasta o diñeiro dos seus impostos. En C’s queremos unhas Administracións onde non haxa cabida nin para a corrupción e nin para o clientelismo político- recalcou o cabeza de lista, Manuel Vicente González, quen garantiu a transparencia en todas as contratacións, así coma no desempeño dos labores de Intervención e Secretaría municipal.
Conxuntamente con esta medida, Ciudadanos propón tamén un funcionamento máis áxil e eficiente desta Institución. A súa idea é acabar coa “hiperinflación político-administrativa”. Para iso pretenden facilitar ao máximo a realización de trámites e dar resposta inmediata aos cidadáns. Tamén se comprometen a elaborar orzamentos participativos “onde realmente teñan cabida as opinións de todos os colectivos municipais e dos veciños de Burela”, indicou Vicente.