Ribadeo, 5 de maio de 2015.- Na tarde deste martes déronse a coñecer os nomes dos gañadores do I Concurso de Debuxo, convocado por Acisa Ribadeo, para celebrar o día da nai. Na categoría de 3 a 6 anos o primeiro premio foi para Fernando Ribes Zornosa de 4 anos e o segundo premio para Antón Refojo de 3 anos. E na categoría de 7 a 12 anos o primeiro premio foi para Andrea Rodríguez Rodríguez de 8 anos e o segundo premio para Ariadna de 7 anos.
O encargado de supervisar os traballos e de decidir os gañadores foi o xurado composto por profesores de plástica dos CEIP Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, e polo deseñador David Ribas Peña.
Acisa entregará nos próximos días diplomas de recoñecemento aos 4 nenos premiados e as mamás dos gañadores gozarán de bonos beleza en dous centros asociados a Acisa: Imagn 365 e Perruquería Carmen.
A directiva de Acisa agradece “a todos os nenos e nenas os traballos presentados a este concurso e ao xurado a súa participación para elixir os debuxos gañadores”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



