Lugo, 7 de maio de 2015.- O director do Igape, Javier Aguilera, participou na tarde deste xoves na xornada técnica desenvolvida na sede da CEL co obxectivo de achegar ás empresas da provincia de Lugo as novas condicións melloradas dos préstamos Jeremie, publicadas no DOG esta mesma semana e que inclúen prazos de amortización máis amplos e xuros máis reducidos.
Na procura de impulsar un maior número de proxectos de investimento empresarial, o Igape vén de ampliar os prazos de amortización ata os 11 anos ao tempo que rebaixa os tipos de xuro aplicables, sempre de carácter fixo, que poden quedar por baixo do euríbor +0,4%. De acordo cos cambios das bases reguladoras, o Igape flexibiliza ademais os requisitos para financiar proxectos impulsados tamén por autónomos, sociedades civís ou comunidades de bens.
Aguilera Navarro salientou que, coas novas condicións en vigor, os préstamos Jeremie-Igape ofrecen condicións máis favorables para apoiar novos investimentos e constitúen un instrumento fundamental para consolidar o crecemento da actividade empresarial, no marco da Axenda da competitividade Galicia-Industria 4.0.
Os préstamos concedidos ao abeiro das novas bases da liña Jeremie-Igape, fornecidos con fondos europeos, poderán estar comprendidos entre 49.000 euros ata 1,8 millóns de euros (o importe estaba antes entre 70.000 euros e un millón) e financiarán ata o 70% dos proxectos, que poden consistir en novos investimentos, ampliación de instalacións existentes ou diversificación da produción para ofrecer novos produtos.
Os xuros dos préstamos, fixos, determinaranse no momento da concesión para toda a vida do préstamo, tomando como referencia o prezo do euríbor a un ano e sumando un xuro adicional que será de só o 0,1% para operacións de ata 840.000 euros ou para os tramos das garantidas mediante aval bancario ou dunha sociedade de garantía recíproca. Para préstamos de superior contía, o xuro final efectivo establécese en dous tramos: euríbor máis 0,2 para as contías comprendidas entre os 840.000 e 1.400.000 euros, e un diferencial do 0,5% para os tramos do préstamo comprendido entre 1,4 e 1,8 millóns de euros. O xuro final resultante será a media ponderada en función do importe de cada operación.
A presentación de solicitudes ao abeiro desta liña de préstamos directos estará aberta ata o próximo 30 de setembro. As melloras que veñen de publicarse poderán beneficiar tamén ás empresas beneficiarias de préstamos Igape-Jeremie concedidos con anterioridade á modificación das bases que vén de entrar en vigor, poderán presentar unha solicitude de modificación das operacións para beneficiarse das novas condicións.
Mediante os préstamos Jeremie-Igape poden financiarse tanto os activos fixos materiais asociados ao proxecto de investimento –terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento ou mobiliarios– como os activos intanxibles necesarios: aplicacións informáticas, propiedade intelectual e industrial, licencias de fabricación ou gastos en I+D ligados a proxectos de innovación tecnolóxica. De acordo coas bases modificadas, tamén pode financiarse o imposto sobre o valor engadido cando este non poida ser obxecto de recuperación ou compensación pola empresa beneficiaria do préstamo.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



