Ribadeo, 21 de maio de 2015.- O auditorio Hernán Naval de Ribadeo acolleu este xoves pola tarde o mitin dos populares que contou coa presenza de Paula Prado e José Manuel Balseiro.
O número dous do PP de lucense manifestou que o municipio necesita urxentemente un cambio de Goberno e pediu o voto para Jesús López Penabad como garantía de seriedade e boa xestión.
Con datos na man, Balseiro resaltou o compromiso dos populares con Ribadeo, e proba diso, manifestou, atópase nas inversións do Executivo de Feijoo, quen investiu neste concello 65.8 M€ en seis anos, fronte aos 3.3 M€ que achegou a Deputación, o que supón que a Xunta de Galicia investiu preto de 20 veces mais que o Ente Provincial.
Neste senso, o popular tildou de irrisorias as iniciativas de Besteiro e dos seus socios de Goberno, “quenes están cada pouco tempo presumindo e vendendo as mesmas achegas sen levar a cabo novos compromisos”.
Balseiro destacou que, tanto no emprego como no ámbito dos servizos socias a administración que máis apostou por Ribadeo foi a Xunta ata tal punto que estes dous conceptos supuxeron inversións por valor de 2,2 M€ nos últimos seis anos, dirixidos tanto ao sostemento dos servizos municipais, servizo de axuda no fogar ou plan concertado ou ás contratacións polo plan de cooperación e cursos formativos para desempregados. Isto contrasta coa actitude pasiva que tivo o alcalde, que renunciou a xerar emprego nas brigadas municipais, a optar a un obradoiro o a reclamar á deputación o que lle debe polo obrigado sostemento do servizo de axuda no fogar básico.
Non so iso, Balseiro lembrou que hoxe un porto comercial da importancia de Mirasol, segue a ser referente en Galicia e mantén os seus empregos grazas ás xestións que impulsou o PP, e que supuxeron melloras e investimentos por valor de 7 millóns de euros
Por outra banda, e volvendo á área de Benestar, Balseiro está convencido de que a Suárez Barcia non lle interesa que se constrúa a residencia e quizais por iso non remite a documentación que se lle pide desde a Xunta. “Se así o fai acábaselle a estratexia de confrontación permanente e vitimismo que mantén co Executivo Autonómico”- aseverou.
A modo de reflexión, o número dous do PP lucense, indicou que Bastante pouco peso debe ter no BNG e na provincia cando tan so hai que ir ao veciño municipio de Riotorto para ver como estaba a Deputación disposta a financiar a construción da residencia á que, precisamente se renunciou para facela en Ribadeo. En cambio Suárez Barcia non é capaz de convencer aos seus, que xestionan a área de benestar provincial, para que en Ribadeo asuma a totalidade do custe, como fan noutros municipios lucenses
Unha política de feitos fronte a unha política de anuncios
Pola súa banda, a parlamentaria Paula Prado pediu o voto para o candidato popular como garantía dunha política de feitos fronte á actual que se basea en anunciar mil veces unha sola actuación.
A popular manifestou que o candidato popular é o único capaz de aplicar unha política seria e situar a Ribadeo no lugar que se merece.
Un Goberno serio fronte a un Goberno vitimista
Pola súa banda, o alcaldable, Jesús López Penabad, comprometeuse a desempeñar unha política eficaz e transparente fronte á actual forma de Goberno, coñecida polas continuas contradicións.
“Estamos ante un alcalde que en Santiago declara o que pensa e en Ribadeo pensa o que di”- criticou o popular quen denunciou que Suárez Barcia aplicase o tono vitimista e crítico coa Xunta e nembargantes non utilizase a mesma belixerancia coa Deputación de Lugo.
Concluíu o popular pedindo o voto para a súa candidatura como garantía de transparencia, seriedade, compromiso e firmeza.