Foz, 21 de maio de 2015.- O Partido Popular de Foz acusa ao BNG de facer electoralismo coa sanidade utilizando un escrito falso co logotipo do Sergas que estivo colocado este xoves á mañá no centro de saúde e que despois foi retirado. O PP tranquiliza aos veciños porque o centro de saúde focense ten dous médicos polas tardes para atender os seus cupos e tamén as urxencias, segundo explicou o candidato á reelección para a alcaldía, Javier Jorge Castiñera.
“Ao Partido Popular de Foz parécenos verdadeiramente vergonzosos os métodos do BNG, usando o medo e a mentira, que volven novamente ao Bloque de Foz. Parece mentira que unha candidatura renovada, como parecía, volva usar os métodos do BNG de hai 25 anos. Refírome a un comunicado que apareceu no centro de saúde no que se usou o membrete do Sergas e o selo da Área Integrada de Lugo. É vergonzoso porque iso é totalmente falso e os señores do BNG foron alí facer a foto con ese escrito”, manifestou Javier Castiñeira.
E o Partido Popular pregunta “quen autorizou poñer ese comunicado na porta do centro de saúde, porque o Sergas non foi e tamén sabemos que inmediatamente ordenouse a retirada dese cartel. ¿Foi o BNG ou alguén afín a esa formación política que está dentro do centro de saúde de Foz? Están intentando outra vez usar a estratexia do medo e da mentira coa sanidade de Foz”.
Javier Castiñeira rematou dicíndolles aos veciños “que estean completamente tranquilos, pois o único que se fixo foi fixar esa praza médica que o bipartito deixou de forma provisional, polo que non desaparece ningún médico no centro de saúde de Foz, senón que é ao contrario: fíxase esa praza e ademais dótase con cupo esa praza que antes tiña única e exclusivamente as urxencias. Calquera urxencia pola tarde será atendida no centro de saúde, pois entendo que os médicos que se neguen a esa circunstancia terán que dar explicacións a propia xerencia do Sergas”.


















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



