Nova xornada de resultados impresionantes das Escolas Deportivas Lourenzá – Mondoñedo na Popular de Castroverde celebrada o domingo 10 de maio.
PREBENXAMÍN – BENXAMÍN MASCULINO:
2 – IAN MENDEZ
PREBENXAMÍN – BENXAMÍN FEMININO:
2- IRIA RGUEZ.
3 – HENAR MENDEZ
ALEVÍN – INFANTIL MASCULINO:
1- NICOLÁS ÁLVAREZ
2- HUGO VILLALBA
3- SAMUEL DEBASA
ALEVÍN – INFANTIL FEMININO:
1 – AINARA RGUEZ
6- VALERIA ÁLVAREZ
CADETE MASCULINO:
2- LUÍS LÓPEZ
CADETE FEMININO:
4 – ARABELA MARTÍNEZ
XUVENIL FEMININO:
1- CARMEN LÓPEZ
SÉNIOR/VETERANOS – CARREIRA POPULAR 6 KMS.
MASCULINO
2 – ALEX VILLALBA. SUBCAMPIóN CUN TEMPO DE 22,40 A UN RITMO DE 3,47
6 – JUAN LUÍS MENDEZ.
11 – J. MANUEL ÁLVAREZ
33 – GENUCHO VILLALBA
FEMININO
3 – LOLI PIÑEIRO, A UN RITMO DE 5,17
4 – MARISA ARES
7- BEGOÑA IGLESIAS
TRAIL DE 26 KILÓMETROS:
2º E SUBCAMPIÓN: MARCOS RGUEZ., CUN TEMPO DE 2 HORAS, 23 MINUTOS E 9 SEGUNDOS. A RITMO DE 5,19
POR EQUIPOS:
CAMPIÓN COS 4 MELLORES ATLETAS MASCULINOS E FEMININOS.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
