O Vicedo, 8 de maio de 2015.- Este sábado 9 de maio, ás 7 ½ de tarde na Casa da Cultura, hai o primeiro mitin do BNG-AA do Vicedo, primeiro acto de campaña, e ó que agardamos se acerquen os nosos veciños.
O vindeiro mércores 13, todas as asociacións do Vicedo están convocadas para que nos trasladen as súas inquedanzas, problemas e/ou iniciativas, compartir con elas as nosas propostas, e poñernos á súa disposición cara a levalas a cabo no transcurso da próxima lexislatura.
Tamén seguimos dispostos, a expoñer e debater as propostas e alternativas que cada candidatura ofrece, nun debate público e aberto, cun moderador ou moderadora imparcial.