A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convocamos a todos os veciños de FOZ a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o mércores 20 de maio ás 21.00 horas na SALA BAHÍA, con fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.
Por iso, veciño de FOZ, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso con outra forma de gobernar, creando novas infraestruturas e servizos o cidadán con transparencia municipal, así como a semi-peonilización da avenida da Mariña e outros proxectos.
Desta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños e invitados que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
VANINA CABRERA SANCHEZ, veciña de Foz.
RAMÓN CANDIA REGO, veciño de Foz.
JOSÉ LUIS RAPOSO MAGDALENA, Alcalde de Priedrafita do Cebreiro.
SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA, Ex Presidente da Deputación da
Coruña.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en FOZ, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.