Cueiros, xel, xampú, pasta e cepillos dentais -sobre todo infantís- e outro produtos hixiénico-sanitarios así como legumes, cereais, aceite, patacas, mel, conservas de peixe e outros alimentos non perecedoiros foron recollidos o pasado domingo en Mondoñedo durante a celebración dun concerto solidario amenizado pola Banda Folk de Ribas de Sil e organizado polo Concello de Mondoñedo, a asociación As San Lucas e Mondoñedo É… que contaron colaboración de máis de trinta asociacións locais.
“Conseguiuse xuntar arredor de mil quilos de material de axuda”, segundo comentan colaboradores de diferentes organizacións que están traballando na clasificación de todo o material recollido.
Durante a celebración do concerto un portavoz da organización dirixiuse ao público para agradecer a colaboración de todos, incluso a Banda Folk de Ribas de Sil que acuiu á cidade da Paula de xeito totalmente altruista e apuntou que “Mondoñedo demostrou que, se hai causa xusta, sabe ser unido e solidario”. Logo destas palabras os representantes das diferentes asociacións foron chamados para sacar unha foto como mostra simbólica da entrega do material.
A Banda de Música Folk do Concello de Ribas de Sil xa ten participado en diferentes concertos solidarios no sur da provincia: San Clodio, Escairón, Monforte e Quiroga son algúns dos lugares donde actuaron para animar á xente a participar en proxectos solidarios. En Quiroga, por exemplo, foron quen de acadar xuntar diñeiro para mercar unha cadeira de rodas automática para un neno que a precisa.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



