Barreiros, 20 de maio de 2015.- O Concello recibiu o anteproxecto do saneamento para os núcleos rurais de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. O investimento a realizar ascenderá a máis de 320.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, di que “mentres uns prometen, outros xa estamos facendo as cousas”.
O rexedor explicou que “hai uns días entregábannos xa o anteproxecto do saneamento para 5 núcleos rurais, que son os de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. Para o saneamento destes núcleos das parroquias interiores do Concello cóntase cun orzamento de 320.758 euros e fíxose xa este anteproxecto separado por parroquias. Están traballando xa no resto das que faltan, como Cabarcos ou San Xusto”.
Fuente Parga contou que “se está traballando no primeiro que hai que facer, que é ese anteproxecto de por onde ten que discorrer ese saneamento e as seccións, etcétera. Como en calquera obra hai que empezar polos proxectos e aquí xa os temos feitos, xa contamos co presuposto, sabemos o que nos vai custar e nos vindeiros días empezaremos a traballar xa neses saneamentos. Hai que ir buscando as partidas, adxudicando por núcleos eses traballos”.
Para o alcalde barreirense “aquí o que pasa é que mentres uns están estes días prometendo que o van facer nós estamos xa facéndoo, como se quedara e como repetín unha e outra vez: cando estivera na zona de costa, que era a máis sensible, executado o saneamento ao 90 cento se iniciaría na zona rural, que era menos sensible aos vertidos”. E engadiu: hai que traballar nesa liña, temos xa este anteproxecto, sabemos o que vai custar, que iso é o primeiro. Non dicir que se vai facer sen dicir nin canto vai custar. Nós sabemos que nestes cinco núcleos rurais temos que investir 320.000 euros e estamos traballando nesa liña”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



