Foz, 11 de maio de 2015.- Este domingo pasado, día 10 de maio, celebrouse en Monforte de Lemos, no Centro do Viño, o Campionato Provincial de Xadrez, na categoría escolar do programa XOGADE da Xunta de Galicia.
O Colexio Martínez Otero concorría con tres equipos, acadáronse dúas medallas de prata, na categoría benxamín feminina e alevín feminina e un ouro na categoría cadete mixta, cabe destacar que este último equipo estaba integrado por dous xogadores cadetes e dous da categoría infantil, un ou dous anos menores, o que fai máis valioso, se cabe, o triunfo colleitado.
Estes foron os resultados:
BENXAMIN FEMININO
1º O PILAR
2º MARTINEZ OTERO
3º ESCOLA DE XADREZ DE CARBALLEDO
BENJAMIN MIXTO
1º ESCOLA LUGUESA DE XADREZ
2º REYES Y PEONES
3º XADREZ FORTE
4º O PILAR
ALEVIN FEMENINO
1º ESCOLA LUGUESA
2º MARTINEZ OTERO
3º O PILAR
4º XADREZFORTE
ALEVIN MIXTO
1º ESCOLA LUGUESA
2º CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ
3º FONDONOIS
4º O PILAR
INFANTIL FEMENINO
1º O PILAR
INFANTIL MIXTO
1º CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ
2º ESCOLA LUGUESA
3º XADREZFORTE
4º CASA XUVENTUDE DE VIVEIRO
CADETE MIXTO
1º MARTINEZ OTERO
2º CHANTADA
3º XADREZFOPTE
Lucía García, do Martínez Otero, campioa provincial infantil de bádminton
O Sábado, día 9, disputábase no pavillón municipal de Taboada, o campionato provincial de bádminton escolar, dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia.
O Colexio MArtínez Otero de Foz, acodía ao campionato cunha representación de 10 xogadores/as das categorías infantil e cadete, os resultados máis notables acadados polos xogadores/as do Martínez Otero foron o 4º posto da gategoría cade feminina para Paula Villapol, e o 1º posto na categoría Infantil feminina para Lucía Rodríguez Bello.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
