Burela, 11 de maio de 2015.- A candidatura do PSdeG a gobernar o Concello de Burela arranca este luns no Campón unha xeira de reunións cos veciños de todos os barrios da localidade mariñana para explicarlles “as propostas concretas de mellora e impulso que temos para cada zona, e escoitar as súas necesidades, demandas e preocupacións”. De feito, un dos obxectivos fundamentais dos socialistas burelenses “é recuperar a confianza, a proximidade e o trato directo cos veciños, que, con nós, volverán a ter información, transparencia e participación nos asuntos municipais”, subliñou o alcaldable, Alfredo Llano.
A xeira de encontros comeza a tarde deste luns no Campón, “unha zona moi importante para Burela, pois concentra a maioría dos servizos sanitarios e educativos, e moita actividade comercial”, asegurou Llano. Entre outras actuacións, os socialistas comprométense, explicou o candidato, a realizar “unha limpeza integral do barrio, promover o coidado das zonas verdes, e en concreto o parque do hospital, atraer máis actividade comercial e impulsar novas actividades culturais e de lecer, aproveitando ademais o maior movemento que provoca a unidade urbanística de Torrentes”.
Todos os encontros veciñais terán lugar ás 20.15 horas. O deste luns celebrarase no restaurante O Poeta. A candidatura do PSdeG estará este martes no Cabanal e o mércores, na rúa do Río. Seguirán por Vila do Medio, a zona centro, Casas Baratas e a zona portuaria. Ademais de reunións con veciños, os socialistas percorrerán as rúas de todos os barrios.
















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



